Saúdo do Alcalde

saúdo do alcalde de toques Jose Angel Penas

Escudo_Toques_COMENZO UNHA NOVA ETAPA COMO ALCALDE DE TOQUES E A MIÑA PRIMEIRA MENSAXE E A DE TRASMITIR A TÓDOLOS VECIÑOS E VECIÑAS E DEMAIS CIDADÁNS O COMPROMISO DE TRABALLO, ILUSIÓN E DE ESPERANZA DE CARA O FUTURO INMEDIATO DE NOSO CONCELLO.

Gustaríame contar coa colaboración de todos e todas para poder sacar adiante un proxecto de unidade e compromiso veciñal do que formemos parte tódolos toquenses.

Traballemos conxuntamente para resolver os problemas que a todos nos afectan. A comunicación, entendemento e colaboración entre as persoas é fundamental para o desenvolvemento dos pobos e cada día as tecnoloxías fan que esta comunicación poida ser máis determinante nos obxectivos.

Toques é un concello cheo de vida, cunha historia impresionante, tradicións e culturas vivas, natureza espectacular e xentes con pegada. Precisamos, cada día máis abrir as nosas portas para que o resto dos pobos e xentes de todas partes e de outras culturas coñezan, vivan e disfruten desta realidade.

A actualización da nosa páxina web ha de servir para mellorar a comunicación e relación con toda a veciñanza. Desexamos que sexa unha ferramenta útil que poida ser utilizada por todos, participativa e de información que sirva para que se acheguen todas e cantas aportacións sexan útiles e de interés que han de servir para unha mellor labor do goberno municipal.

Póñome a disposición de tódolos veciños, coas portas abertas, para escoitar as inquedanzas de todos e intentar atopar xuntos as mellores soluccións.

Unha aperta, José Ángel Penas, alcalde de Toques.