Reparto de mascarillas no Concello de Toques

Durante esta semana o Concello de Toques iniciou unha comapaña de reparto de mascarillas de protección ante o virus COVID-19. Repartíronse máis de 1500 unidades entre todas e todos os veciñas e  veciños das dez parroquias.

Se algunha persoa necesita máis material de protección ou no caso de que no reparto a alguén non lle chegasen ou fosen insuficientes, póñense en contacto co concello telefónicamente (981505826) ou mediante mensaxería electrónica, correo@toques.es.