Rede Natura 2000

Rede Natura 2000

¿Qué é a rede natura 2000?

A Rede Natura 2000 é unha rede ecolóxica europea de áreas de conservación da biodiversidade. Consta de Zoas Especiais de Conservación designadas de acordo coa Directiva Hábitat, así como de zoas de Especial Protección para as aves establecidas en virtude da Directiva Aves.

A Súa finalidade e asegurar a supervivencia a longo prazo das especies e dos hábitats máis ameazados de Europa, contribuíndo a deter a perda de biodiversidade ocasionada polo impacto adverso das actividades humanas. É o principal instrumento para a conservación da natureza na Unión Europea

Ver Noticia

Serra do Careón

Serra do Careón

Serra-do-Careon-1

Código do LIC
ES1110014

Situación

Esquina sudoriental da provincia da Coruña. Pertence na súa maior parte á comarca de Terra de Melide, con pequenas áreas marxinais das da Ulloa e Lugo. Localidades de referencia: Souto, Melide e Agro do Chao.

Ver Noticia

Lexislación

Lexislación

DECRETO 72/2004, DO 2 DE ABRIL, POLO QUE SE DECLARAN DETERMINADOS ESPAZOS COMO ZONAS DE ESPECIAL PROTECCIÓN DOS VALORES NATURAIS.

Na data do 11 de marzo de 1999 o Consello da Xunta de Galicia acordou, en base ao disposto no artigo 4 do Real Decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír e garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e de flora e fauna silvestre, a remisión á Unión Europea dunha relación de lugares incluídos na proposta galega para a Rede Europea Natura 2000.

Ver Noticia