Gran resultado acadado polos nenos da Escola Deportiva de Badminton, no estreno nas competicións de Deporte Escolar.

A Escola Deportiva de Bádminton do Concello de Toques está de noraboa, xa que na Fase Zonal que tivo lugar en Boimorto o pasado 7 de Abril, obtivo un bon resultado, tendo en conta que a súa participación foi inédita e que os sete nenos e nenas acadaron meritorios postos (tendo unha visión conxunta) se poñemos en valor que ningún deles sabía xogar ao Badminton no mes de Outubro.

Atrás quedan os adestramentos, dous días á semana, nun espazo e horario reducido que o CEIP de Toques cedeu para a súa formación. As tres xornadas previas (formativas) que tiveron lugar en Vilasantar, Trazo e O Pino, e finalmente a Fase Zonal en Boimorto, clasificatoria para a Fase Provincial, para a cal un participante da Escola de Toques, de categoría Alevín Masculino clasificouse ao chegar ás semifinais.

Todavía non hai data para a Fase Provincial, nin lugar, pero está previsto que se dispute durante o mes de Maio na comarca de Ferrol, e na que participarán os catro primeiros clasificados de cada categoría das catro zonas nas que se divide a provincia en Deporte Escolar. Así, ademáis do noso participante tamén acudirán nenos e nenas dos concellos da nosa zona: Boimorto (8 clasificados), O Pino (3 clasif.), Órdenes (3 clasif.) e Trazo (9 clasificados).

A modalidade de badminton, xunto co Atletismo e o Fútbol Sala, compoñen unha actividade que o Servizo de Deportes Municipal organizou e puxo en marcha no mes de novembro para completar o amalgama de actividades deportivas, e para encher un vacío e unha petición expresa dos nenos e nenas de Toques.

A actividade, con sede no CEIP, recibe o nome de “DEPORTE SAUDABLE NA ESCOLA” e ademáis de recibir adestramentos das tres modalidades deportivas mencionadas con anterioridade, tamén fan exercicios e tarefas relacionadas coa saúde, entre elas a batería de test de valoración da condición física: DAFIS.

1 PABLO CODESIDO (TRAZO)
2 PABLO MARTÍNEZ (O PINO)
3 KEVIN ANDRADE ( O PINO)
4 ABRAHAM MARTÍN (TOQUES)
5 DANIEL RIAL (O PINO)
6 ALEX VILLAMOR (TOQUES)
7 SIMÓN MORAO (O PINO)
8 LUCAS CALVO (ORDES)
9 DARÍO SÁNCHEZ (TRAZO)
10 ALEJANDRO CURRÁS (TOQUES)
11 SERGIO CASTRO (ORDES)
12 DIEGO GARCÍA (ORDES)