Excursión dos nenos e nenas de Toques

O derradeiro venres 31 de xullo, rematando os campamentos de Toques fomos de excursión ao Parque Natural da Muiñada de Barosa, no Concello de Barro cos nenos e nenas participantes.

Visitamos os muíños e explicáronnos a historia, a importancia histórica e social e o funcionamento dos mesmos. Despois, coñecemos os diferentes tipos de cereais da zona e as diferentes fariñas. Nun obradoiro moi interesante, os máis cativos e cativas fixeron pan e outras larpeiradas.

Tras o xantar, tivemos a posibilidade de dar un baño na balsa do río baixo unha fermosa fervenza, tralo que fixemos unha pequena ruta de sendeirismo.

Chegamos cansados pero coa ilusión de que xa falta menos para o verán próximo.

P7310137 P7310171 P7310173

Deixa un comentario