Entroido 2015 en Toques

O pasado 14 de febreiro, no concello de Toques, pequenos e grandes reunímonos para celebrar o Entroido 2015.

Un grupo de animación entretivo aos máis pequenos cos grandes xogos tradicionais.

Mais tarde, o desfile de participantes no concurso de disfraces fixo pasar un bo rato aos asistentes.

E mentres o xurado deliberaba, puidemos degustar doces típicos destas datas así como resaltar as especialidades da zona.

E ao final, para rematar, a e esperada entrega de premios, onde foi tanto o nivel que supuxo un reto para o xurado decidir os gañadores, que finalmente foron:

 


1º premio (con 150 euros ): Transformers

transformers entroido toques 2015


2º premio (con 100 euros): Como peixe na auga

como peixa na auga


3º premio ( con 75 euros): Popitas

popitas


4º premio (con 50 euros ): A volta ao mundo.

a volta ao mundo


Un éxito de asistencia e de cordialidade é a mellor recompensa para un traballo ben feito.

Deixa un comentario