Bono de alugueiro social

Bono de alugueiro social do plan rehavita

NORMATIVA: Orde do 7 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do programa do Bono de Alugueiro Social do Plan rehaVIta. (DOG nº 164 do 28/08/2015)

OBXECTO:

Atender con carácter urxente ás unidades de convivencia que precisen, por estar inmersas en situación de especial dificultade, dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, paliando deste xeito os efectos derivados dunha resolución xudicial de desafiuzamento por non pagamento das rendas da súa vivenda habitual ou, se é o caso, evitando o lanzamento efectivo desta.

CONTÍA DA AXUDA:

A contía de cada bono alugueiro será de 150 euros mensuais. Cada unidade de convivencia só poderá recibir ata un máximo de doce bonos, prorrogables unha soa vez polo mesmo período recoñecido inicialmente.

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

Sede electrónica: https://sede.xunta.es

Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS)

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

Ata o día 30 de novembro de 2015

Deixa un comentario