Aviso Legal

Responsabilidade sobre a información

O Concello ofrece esta web para facilitar o acceso público á información da que dispón e á información que outras institucións municipais queiran facer pública a través da mesma. Neste último caso, o Concello non se fai responsable da exactitude e actualización da información que se ofrece ou á que dende esta web se remita. De igual xeito, o Concello non se fai responsable da utilización indebida que terceiras persoas fagan da información contida nesta web.

En calquera caso, o Concello pón a disposición dos usuarios a dirección de correo electrónico info@toques.es para que poidan manifestar as súas queixas ou comentarios en relación cos contidos que se faciliten a través da web, que serán debidamente atendidos, corrixíndoos inmediatamente naquelas situacións que representen un perxuizo, non respondan á verdade ou supoñan ofensa para algunha persoa ou colectivo.