Domingo, 20 Mai 2012
 
 
Cartel
Arranxo dos camiños de Aro do Pleito e Goias

O Concello de Toques rematou as obras de mellora e acondicionamento do Camiño de Goias que con unha lonxitude de 2.250 m. De longo por 3,50 de ancho foi tratado na súa superficie con unha nova capa de rodaxe a base de tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma con arranxo de baches e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

Tamén se procedeu neste Camiño de Goias a unha apertura de gabias e a posterior limpeza de salvagabias para a correcta drenaxe tanto lonxitudinal como transversal


En canto ao Camiño de Aro do Pleito de unha lonxitude de 600 m. De longo por 3,50 m. de ancho, procedeuse ao seu afirmado con quince centímetros de balastro de machucamento previo emprego de pedra en rama para a drenaxe en todas aquelas zonas nas que fora necesaria.

O importe da obras foi de 36.831€

 
Mellora da estrada Vilares-Os Curros e outros

Englobado dentro do P.O.S. 2010, o Concello de Toques ven de rematar as obras de mellora da estrada coñecida como Camiño de Vilares-Os Curros e outras tres actuacións englobadas dentro do mesmo proxecto como son o interior da Muruxosa e o acceso e interior de Portosalgueiro.

Na estrada Vilares-Os Curros actuouse sobre unha lonxitude total de3.100 m. Dividido en dous treitos de 500x3,50 e 2.600x3,50 m. No primeiro treito procedeuse a súa pavimentación con dez centímetros de grava e posterior triple tratamento asfáltico e no segundo mellorouse a capa de rodaxe con tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de baches de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

Polo que respecta a Muruxosa, traballouse en tres treitos de 137x4,00: 100x4,00 e 310x3,50 m, así como un sobreancho de 630 m2.  Con isto preténdese mellorar a capa de rodaxe con tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma previa reparación de baches e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

En canto ao acceso a Portosalgueiro, actuouse nunha lonxitude total de 490 m. E 3,50 m. de ancho, así como en 300 m2 de sobreanchos para a súa pavimentación con dez centímetros de grava e posterior triple tratamento asfáltico. Xa no interior as obras incidiron nun tramo de 190 m de lonxitude por 5 m. de ancho así como en 300 m2 de sobreanchos para a súa pavimentación con de centímetros de grava e porterior triple tratamento asfáltico.

O total de estas catro actuacións ascendeu a 91.246,67€

 
Ampliación da estrada Vilamor - Vilouriz

O Concello de Toques está acometendo as obras de mellora e acondicionamento do tramo da estrada que vai dende as localidades de Vilamor a Vilouriz, concretamente o tramo comprendido entre o cruce do camiño do Couso ata a ponte romana de Vilouriz.

Con unha lonxitude total de 885m, as melloras no camiño comprenden a implementación de un triple tatamento asfáltico previo emprego de unha capa de balastro de uns 15cm de grosor. Complementariamente procederase a facer unha apertura de gabias ou sobreancho da calzada que contará con unha capa de 10 cm de grava.

O novo camiño tamén estará provisto das necesarias obras de drenaxe tanto lonxitudinais coma transversais. Englobado dentro do POS 2010, o importe de execución das obras ascenden a 98.000€

 
Presentouse o II Rali Galicia histórico que contará con un reagrupamento en Toques

Presentouse en rolda de prensa o II Rali de Galicia Histórico que se celebrará os dias 17 e 18 de Setembro de 2010.

Esta segunda edición conta con importantes novidades como son a realización de un circuito urbano na Vila de Melide e o ser puntuable para a Copa de España de Ralis de Regularidade e para o Campionato de España de Ralis de Velocidade. Este importante logro dos organizadores permitirá que o Rali que percorre os concellos de Melide, Toques, Santiso e Sobrado dos Monxes eleve o número de participantes como comentaba o voceiro da escudería Melide MotorSport Javier Anido.

Imos a meter o Rali mesmo dentro de Melide”. Con estas verbas Anido amosaba a súa especial satisfacción de cara realización do tramo urbano que percorrerá dende a estrada de Agueiros ao Coléxio Nº1 de Melide.

Esta proba urbana celebrarase o venres 17 de setembro. O sábado 18 será cando o Rali percorra a Terra de Melide. O parque de asistencia estará situado no campo da feira de Melide e del partirá pola mañá o primeiro tramo de Toques que enlazará co de Santiso contando con un reagrupamento no Pazo de Vilar de Ferreiros. As 15:00 repetirase o tramo urbano para enlazar co tramo de Sobrado dos Monxes. O reagrupamento de este tramo farase no complexo deportivo do Concello de Toques. Xa as 17:20 faranse as segundas pasadas dos tramos de Melide e Sobrado dos Monxes par rematar coa última pasada ao tramo urbano de Melide as 19:20.

A Alcaldesa de Melide Socorro Cea convidou aos afeccionados ao motor para asistir a esta II edición do Rali Galicia Históricos e valorou o esforzo que lle supón a escudería Melide MotorSport a organización de este Rali.

Pola súa banda o Campión de España de ralis de vehículos históricos Xesús Ferreiro incidiu no esforzo que supón sacar adiante un evento de estas caracteríasticas. Ferreiro reclamou dos políticos un maior esforzo económico xa que asegurou que senón é así o Rali non se da feito.

Acompañando aos membros da escudería Melide MotorSport organizadora de este evento atopábanse por parte de Melide a Alcaldesa Socorro Cea e o Primeiro Tenente de Alcaldesa Manolo Prado. En representación do Concello de Toques asistiron o Alcalde Jorge Calvo e a Concelleira de Cultura e Deportes Cruz Bande.

 
Festas de Brañas 2010
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 8